A estación está situada no polígono de Bértoa, fronte á nave de Talleres Agrícolas Pose, e funciona en horario de mañá. A media de inspeccións supera o medio cento ao día, segundo indicou o persoal que atende o servizo ao alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro Daniel Pérez, que se achegaron hoxe ata alí.
As persoas interesadas xa poden pedir cita a través da páxina web da empresa concesionaria do servizo en Galicia, Supervisión y Control, ou do teléfono 981 928 080. Esta campaña extraordinaria da ITV, na que colabora o Concello de Carballo, complementarase coas visitas periódicas que realizan todos os anos as unidades móbiles de turismos, vehículos agrícolas e ciclomotores. Estas son as datas previstas para o segundo semestre do ano:
- Turismos. Polígono industrial de Bértoa, do 9 ao 16 de setembro (agás fin de semana). Horario de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. O día 16 só pola mañá.
- Vehículos agrícolas. Polígono industrial de Bértoa, do 1 ao 8 de setembro (agás fin de semana). Horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. Os días 5 e 8 só pola mañá. Xa non quedan citas.
- Ciclomotores. Praza do Concello, o 15 de outubro en horario de 09.00 a 13.30.
Para solicitar cita previa:
- Por teléfono: 981 92 80 80
- A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa