13
A actuación iniciouse durante un control de seguridade cidadá. No rexistro do seu vehículo, os axentes atoparon 38,7 gramos dunha substancia estupefaciente, presumiblemente haxix, distribuída en varios envoltorios.
Ademais da droga, incautáronse dous teléfonos móbiles e 328,89 euros en efectivo. Todo o material foi posto a disposición xudicial. O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Guardia de Carballo, quedando en liberdade con fianza.