Falece un traballador en Riotorto e rescatan do interior dun pozo o corpo sen vida dunha muller en Coles

1 minutes read

No caso do traballador falecido en Riotorto, foi un compañeiro do falecido quen contactou co 112 Galicia para informar do accidente. Ás 11:30 horas deste xoves, os xestores de emerxencias recibían a chamada dun particular sobre un accidente laboral ocorrido no Lugar A Ermida, en Espasande de Baixo, nunha zona de difícil acceso. Segundo explicou, o seu compañeiro fora alcanzado pola procesadora forestal e, aínda que non estaba atrapado, sinalou que podería estar falecido. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de A Pontenova, á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Á súa chegada, os profesionais só puideron confirmar o falecemento do traballador.

Rescatan do interior dun pozo o corpo sen vida dunha muller en Coles

Foi un particular quen contactou co 112 Galicia pasados uns minutos das 10 horas deste xoves tras o achado da muller no interior do pozo. O suceso aconteceu no Lugar Sas, en Santa Mariña de Albán, en Coles. A octoxenaria non foi atopada á súa chegada ao domicilio pola súa coidadora e, pouco despois, foi localizada no pozo, adiantando que podería estar falecida. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño e ao GES do Pereiro de Aguiar, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil. Ao chegar ao lugar, os equipos de emerxencia realizaron o rescate do corpo do interior dun pozo de aproximadamente cinco metros. A pesar da intervención, nada se puido facer por salvar a vida da muller, confirmándose o seu falecemento As forzas da orde tratan agora de esclarecer as circunstancias do suceso.