O Concello da Laracha oferta unha nova visita guiada ao Castro de Montes Claros

0 minutes read

Faino para animar á cidadanía a coñecer tanto o xacemento como os resultados das escavacións arqueolóxicas realizadas nos últimos anos.

A cita será o próximo sábado, día 11 de outubro, ás 11:00 horas. Nesta ocasión non se require inscrición previa, a participación é gratuíta e o punto de encontro será a entrada principal ao propio castro.

O percorrido é apto para todos os públicos e será guiado por Puri Soto, directora do proxecto de posta en valor do xacemento.