A 10K Carballo volve o 16 de xuño

  • Como novidade haberá caixóns de saída e adiantarase ás 10.30 horas o comezo da proba sénior

A Carreira Popular Concello de Carballo volve en xuño, o día 16, con importantes novidades para cumprir a súa novena edición e consolidarse como unha das mellores citas do Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña. Constará de tres probas: a 10K Carballo, oficial da FGA sobre unha distancia homologada de 10.000 metros, e puntuable nas categorías absolutas sub 20, sub 23, sénior e máster; a competición das categorías menores sub 18, sub 14, sub 12 e sub 10, tamén puntuables para o circuíto da Deputación; e as carreiras dos grupos de idade pitufos e biberón, non puntuables.

A inscrición, aberta dende o venres 12 de abril, realizarase en www.championchipnorte.com ata as 23.59 horas do 12 de xuño. É gratuíta para todas as categorías menores. Os participantes da 10K deberán pagar un prezo simbólico de 2 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha