Organizada pola Concellaría de Deportes, a capital de Bergantiños acolleu na mañá deste domingo a 10K Carballo. A carreira pedestre celebrou a súa décima edición con case 1.200 deportistas rexistrados, unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo. O atleta venezolano, fincado en Pontevedra, Marvín Blanco, foi o gañador da edición deste ano, logrando ademais cun tempo de 30:21 bater o que ata o de agora era o mellor rexistro na historia desta proba, que estaba nos 32 minutos e 2 segundos na edición de 2012. O mellor atleta local foi Juan Álvarez Cures (33:44), que acabou sexto. Na clasificación por equipos quedou primeiro o Atletismo Fontes do Sar, segundo o Club Atletismo O Pino e terceiros os carballeses da ADMediaducia. Protección Civil de Carballo, axentes da Policía Local, sanitarios e voluntarios repartidos por todo o trazado, colaboraron a que todo saíse á perfección.
0