A 28º edición do FIOT dirá adeus coa posta en escena de «Fariña»

0 minutes read
  • A cita será este venres 1 de novembro no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo ás 20:30 horas, o prezo da entrada 15 euros.

Fariña é unha traxedia social contada con humor negro, retranca e drama. Despois do récord de público no teatro galego con Somos Criminais, a produtora de Xosé Touriñán, da un paso adiante cunha obra de gran formato dirixida por Tito Asorey desde as claves contemporáneas do teatro documento. A obra, comprometida coa nosa realidade, integra documentos reais e ficcións.