A 2ª xornada da Liga Galega Alevín de Natación volve este sábado a Carballo


Este sábado 10 de decembro, en horario de tarde, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 2ª xornada da Liga Galega de Natación Alevín que congrega ás nenas dos anos 2011 e 2012 e aos nenos do 2009 e o 2010. A competición levaráse a cabo dende as 16:00 horas e contará coa presenza de 5 dos equipos da zona, o S.C. Casino, o C.N. Liceo, o C.N. Culleredo e o C.M. Artabria ademáis do A.D Fogar; entre os que se movilizarán un total de 59 nadadores-as, 32 rapazas e 27 rapaces. Para esta segunda rolda A.D. Fogar aliñará un equipo composto por 21 nadadoras-es, das cales 10 pertencen á categoría feminina e os 11 restantes á masculina. O programa da xornada inclúe as probas individuais dos 50 braza, os 50 e 100 costas, os 100 bolboreta e estilos e os 100 e 200 libres nas categorías feminina e masculina e tamén a substitución masculina dos 4×200 libres.