Todo sexa por unha boa causa, a redución de sinistros nun tramo altamente perigoso, o que discorre pola CP-1914 no seu primeiro percorridoo de 8 Km de Carballo a Entrecruces. Aínda que se trata dun complemento máis da orixinal idea dunha parodia creada por un grupo de mozos do lugar de Vivente na parroquia carballesa de Ardaña. A finalidade do conxunto é a participación no concurso de carrozas do San Xoán carballés. Xa postos, se se nos pega a idea de circular a 30 Km/h nun tramo limitado xa de seu a 50, tampouco pasa nada. Un tramo máis de 30 non se nota e se é para contribuír a reducir accidentes, benvido sexa. Sorte rapaces!!!.