Así o acordaron nunha reunión celebrada entre a Confraría de Pescadores de Corme e un equipo de cormeláns, no que estiveron presentes o Patrón Maior da Confraría de Corme, José Carabel Mosqueira e Roberto Vidal Pombo, ex patrón e Presidente dos Percebeiros ademais de presidente da “Asociación pola promoción do Percebe do Roncudo”, xunto con Juan Novo, David Verdes, Kevin Facal, Patxi, Germán Vidal. Tamén tivo presenza o Corme CF, representado por Higinia Vidal, a Asociación de Veciños de Corme da man de Antón Vidal como presidente, e as Redeiras Illa da Estrela da man de Rosa. Ao encontro tamén acudiron representantes municipais, encabezados polo alcalde, José Manuel Mato, o líder do Partido Galego, Juan Vidal, o exrrexedor Lois García Carballido, e representantes da hostalería local.
21