A 50 edición da Regata Rías Altas fai parada en Malpica

1 minutes read

Cunhas 100 millas de percorrido este xoves arrincou a 50 edición da regata Rías Altas, que organiza o Náutico coruñés e que é a máis emblemática das competicións náuticas do noroeste español, valedoira ademais para o Campionato nacional de Cruceiros de altura. Ao longo de catro xornadas, de xoves a domingo, os barcos realizarán as etapas A Coruña-Malpica, Malpica-Ares, Ares-Cedeira e Cedeira-A Coruña. Igualmente dispútase o Trofeo Prior que consta de dúas mangas. Nesta proba da Rías Altas colaboran co Náutico coruñés os Concellos de Malpica e de Cedeira, así como a Náutico Ría de Ares, Cabreiroá e Gadis, a Real Federación Española de Vela e a Real Federación Galega de Vela. Ao final de cada etapa terá lugar a entrega de premios aos primeiros clasificados. Nesta edición repite participación o “Golfiño”, un dos gañadores do pasado ano, esta vez patroneado por Prisca Naya (Náutico Ría de Ares). Pero entre outros barcos estará o “Xitana 35” de Jose Antonio Quintero, do Club do Mar de San Amaro; o “Nostromo” de Enrique Tostado (Náutico de Sada), “A María” de Miguel Fernández, do Náutico de Cabanas e un nutrido grupo de cruceiros do club organizador, entre outros o “Impredión 3D Atlántico” de Guillermo Blanco, o “Quo Vadis” de Alvaro Martínez ou o “Carpancho V” de Jaime Araújo.