A 6ª edición da feira da horticultura da Laracha será a primeira fin de seman de agosto

1 minutes read

O Concello xa iniciou os preparativos para a organización da feira de horticultura, que neste ano alcanzará a sexta edición e que se vai celebrar durante a primeira fin de semana de agosto.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, mantiveron unha reunión cos representantes das asociacións A Terriña e Horta do Noroeste, para deseñar, planificar e consensuar o programa de actos a realizar nesas datas.

A feira de horticultura, xa consolidada como un dos eventos destacados na programación municipal durante o verán, manterá os propósitos fundamentais da posta en valor dos produtos de horta que se cultivan na zona e o apoio aos profesionais que conforman a cadea do sector produtivo local.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?