A 84ª Copa Coruña de fútbol quedará no Concello da Laracha

0 minutes read

A final aínda se disputará o vindeiro venres ás 20:00 horas en Riazor, pero non hai dúbida, será entre o Laracha e o Club do Mar de Caión, ambos os finalistas, por iso o fútbol larachés esta de parabéns gañe quen gañe. O Club do Mar de Caión plantouse na final tras gañarlle ao Carral por dous goles a cero. Mentres que o Laracha remontoulle un resultado adverso na casa do Olímpico, ao que terminou apeando da competición por 3-4 .