A 8ª edición do Congreso Cidades que Camiñan será en Carballo

1 minutes read

O apoio maioritario da asemblea de socios celebrada na cidade andaluza de Cádiz así o decidiu. Chégase ata aquí despois de acadar o Premio Cidades que Camiñan 2018 na categoría de cidades de 20.000 a 100.000 habitantes, a Rede de Cidades que Camiñan volve a manifestar deste xeito a súa confianza no proxecto de mobilidade de Carballo encomendándolle a organización do congreso do ano que vén 2021. Un congreso que ten cada vez máis peso e que xa é unha referencia nas políticas de mobilidade non só no territorio español, senón cada vez máis a nivel internacional. Estes encontros anuais, como o que vén de celebrarse en Cádiz, permiten reforzar proxectos comúns, como o Metrominuto, as cidades 30 ou os camiños escolares; así como tecer redes de colaboración e establecer novos contactos entre as 46 cidades asociadas, entre elas as galegas Pontevedra, que foi pioneira; Ferrol e O Carballiño, ademais de Carballo.