martes, 12 mayo , 2026

A ABAU en Galicia será entre o 7 e o 9 de xullo

0 minutes read

Os alumnos galegos realizarán as probas de bacharelato de acceso á universidade entre o 7 e o 9 de xullo. Así o acordou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nunha reunión telemática coa Comisión Interuniversitaria da comunidade. Galicia adapta así o calendario da selectividade ás pautas abordadas a semana pasada na Conferencia Sectorial de Educación, presidida pola ministra Isabel Celaá xunto cos responsables do ramo de todas as comunidades autónomas para tratar as consecuencias do estado de alarma e a crise sanitaria.