A abstención e os ecoloxistas gañan as municipais francesas

Abstención récord, avance ecoloxista, e pau ao partido do presidente, Emmanuel Macron. A segunda volta das eleccións municipais en Francia confirmou o escaso peso territorial do gobernamental partido A República en Marcha (LREM). Tan só o primeiro ministro e candidato á alcadía de Lle Havre, Édouard Philippe, conseguiu o seu obxectivo. Tamén a socialista, Anne Hidalgo, logrou a súa reelección á fronte da alcaldía de París. Pola súa banda, Michèle Rubirola á fronte dunha coalición de esquerdas imponse en Marsella. Substituirá ao histórico dirixente conservador, Jean-Luc Gaudin. Outro histórico, o alcalde de Lyon, Gérard Collomb, deixará a alcaldía en mans da esquerda, co ecoloxista, Grégory Doucet, á fronte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha