A AC-542, preto do Mesón do Vento, en Ordes, contará cunha nova senda

1 minutes read

A Xunta vén de encargar a redacción do proxecto para habilitala. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Ordes, José Luis Martínez, para abordar sobre o terreo esta actuación, que vén de dar un novo paso administrativo na súa tramitación. Este itinerario dará continuidade ao xa executado nesta mesma estrada, no límite municipal entre os concellos de Carral e Ordes, desde As Travesas ata o punto onde se desvía o camiño local que conduce ao lugar de Hospital, xa no termo municipal de Mesía, onde hai un albergue. Trátase dun treito de senda que coincide coa traza do Camiño Inglés e, polo tanto, con moito tránsito de peregrinos. A nova senda, de uso preferentemente peonil, discorrerá pola marxe dereita da estrada e deseñarase seguindo as características técnicas empregadas neste tipo de proxectos. Disporá, polo tanto, dun ancho mínimo de 1,8 metros para facilitar os desprazamentos e garantir a accesibilidade. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?