A Academia da Ciencia honrou a Andrés Comerma


Galicia celebrou este xoves o día da Ciencia. O pazo de Fonseca acolleu o acto conmemorativo organizado pola Academia galega das Ciencias, ao que asistiron o presidente da Xunta e os reitores das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. O científico homenaxeado este ano foi Andrés Comerma, enxeñeiro da Armada que deseñou no século XIX o Dique da Campá, no Arsenal de Ferrol, un dos máis grandes do mundo naquela época. Descendentes de Comerma asistiron ao acto no que tamén se entregaron as medallas de investigación da academia galega e os premios Ernesto Vieitez. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o papel da ciencia como piar fundamental na Galicia de hoxe e do mañá, e destacou o investimento de 12 millóns de euros para apoiar a investigación e a produción de equipos de protección na loita contra a pandemia.