Federacións deportivas e Xunta analizaron o estado do convenio de colaboración asinado entre os dous entes para realizar na súa integridade a totalidade das actuacións, actividades, funcións e tarefas que, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade. Do mesmo xeito, estudáronse as posibilidades de resolver as competicións que quedaron suspendidas polo coronavirus ou o xeito de retomar a actividade deportiva con todas as garantías de seguridade. A todos os responsables, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, trasladoulles que “a actividade non poderá reiniciarse ata que existan garantías absolutas de seguridade e hixiene e non se poidan producir contaxios”.
35