A actividade do volcán da Palma non dá tregua


A aparición de novos centros de emisión no flanco noroeste terminou formando un novo cono secundario desde o que está a emanar o material magmático, que deixou de brotar polo cráter principal. A portavoz do comité científico do Plan de Emerxencias Volcánicas de Canarias (Pevolca), María José Blanco, destacou que todos os centros de emisión do volcán estiveron inactivos por uns momentos sobre as 11:00 do pasado luns. Producíronse varios derrubes no interior do cráter que se formou en relación coa nova fisura eruptiva e as lavas están a ocupar principalmente superficie sobre coadas anteriores. O director técnico do Pevolca, Miguel Ángel Morcuende, explicou que a nova coada móvese dirección oeste-noroeste pegada á anterior ou cabalgando na preexistente, a número oito, aínda que presenta un desborde próximo a Tajuya e en dirección a La Laguna que está a ser monitorado especialmente polas autoridades.