A actividade urbanística centra os acordos da Xunta de Goberno en Carballo

Concello de Carballo

  • Aprobáronse 14 licenzas de obras, destacando a construción dun edificio de 11 pisos na Praza de Galicia

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou este martes un total de 16 licenzas urbanísticas: 1 de primeira ocupación, outra de parcelación e 14 de obra. Entre estas últimas figuran tres para outras tantas vivendas unifamiliares nas parroquias de Entrecruces, Oza e Ardaña e outra para a construción dun edificio de 11 pisos na Praza de Galicia, cun orzamento de 1,3 millóns de euros. Tamén saíu adiante a licencia de reforma e ampliación dunha vivenda unifamiliar en Cances para transformala nunha escola infantil con varias aulas, áreas de descanso e ocio, cociña, aseos e sala de profesores entre outros.

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local autorizou a construción dun campamento de turismo no lugar de Monte Peados, en Razo, nunha parcela de 7.580 metros cadrados. O complexo contará con restaurante e 5 cabanas con capacidade para 22 prazas, ademais de instalacións comúns, recepción, ximnasio, supermercado e outros servizos. Dentro da parcela haberá 17 prazas para acampada, zona de aparcamento de autocaravanas e espazos de deporte e lecer.

En materia de contratación, o goberno local puxo en marcha o expediente relativo á nova musealización do Museo de Bergantiños, na que se realizará un investimento de 145.069,93 euros con cargo ao remanente de tesourería do ano 2020.

Ademais foron adxudicados varios contratos: o de servizos de mediación e asesoramento profesional de seguros privados, a Borrás-Vázquez-Cameselle Artai, Correduría de Seguros S.A.; o de adecuación ao esquema nacional de seguridade, a Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España SAU; e o de protección de datos, a Norquality Consultores SL.

Outros acordos

Na sesión tamén se aprobaron facturas por un importe total de 40.844,52 euros, a adhesión do Concello Carballo ao convenio entre a Axencia Tributaria e a FEMP en materia de colaboración na xestión recaudatoria e a solicitude dunha subvención á Deputación para festivais de arte pública urbana.