A AD.Fogar de Carballo e Oleiros é sobradamente recoñecida polo seu traballo a prol da vida saudable e da conviencia deportiva a través da natación, triatlón e atletismo, pero desde fai uns anos tamén por repartir cartos polo Nadal a modo da sorte que lle acompaña na súa participación no sorteo da Lotería Nacional do Nadal.
Este ano o número 60.617 volveu ser agraciado no sorteo celebrado o 22 de decembro de 2021; desta volta con 100 € ao décimo polas dúas últimas cifras. O 60.617 resultou premiado xa en cinco ocasións nos oito anos que levan tentando á sorte con él; a terminación en 2014, 2018, 2020 e 2021 e unha pedrea en 2016.
Os da AD.Fogar adoitan repartir ano tras ano 200 décimos en 1600 participacións de 2.50€ entre os asociados/as e seguidores/as; participacións que como vén sendo habitual poden cobrarse xa na Administración de Lotería Alexandra de Carballo situada no baixo número oito da rúa Desiderio Varela a razón de 12.50€ por papeleta.
Desde a directiva do club queren agradecer tamén a todas as persoas que ano tras ano contribúen con eles doando os 0.50 céntimos da comisión por unha boa causa, o deporte de base.