A ADCR Baldaio apraza a celebración da súa «Romaría Galega»

0 minutes read

A Asociación Deportiva Cultural Recreativa Baldaio, emitiu un comunicado no que confirma o aprazamento da que ía ser unha nova edición da súa, xa consolidada, Romaría Galega. Unha cita gastronómica, musical, cultural e ineludible, que concentraría a centos de persoas e que se ía celebrar o 4 de xullo nun entorno único como é a pista polideportiva de Imende en Baldaio e que este ano celebraría de xeito ininterrumpido a súa 28 edición. O aprazamento faise co obxectivo de preservar a seguridade dos asistentes pola situación na que nos atopamos derivada da pandemia do Covid-19.