A Administración galega fixou en agosto un período medio de pago de facturas de 12,88 días

1 minutes read

Galicia pechou o mes de agosto como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 12,88 días, 16,5 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 29,44. Ademais, tamén se situou 17 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Hacienda y Función Pública sitúan a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de agosto no 0,13%, só por detrás de Murcia e por debaixo da media autonómica, que foi do 0,27%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.320 millóns de euros, dos que 80 millóns –o 2,4%- corresponden a Galicia.

Estos datos ratifican que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.