A ADOS invita á cidadanía galega a doar nas xornadas previas ao festivo do 12 de outubro

Imaxe de arquivo dunha unidade móbil de doazón

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía galega a doar sangue nas xornadas previas ao festivo do próximo 12 de outubro. ADOS destaca que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns, en especial dos grupos sanguíneos 0 Negativo e A Positivo. Ademais, cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

As semanas nas que hai algún día festivo acostuman rexistrar unha diminución na participación dos cidadáns nas campañas de doazón, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible contar coa xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue nestas datas.

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

DATACONCELLOS
Venres 7 de outubroNavantia-Fene, Carballo, Ribeira, Lestedo (Boqueixón), Marín, A Guarda, I.F.P. Marítimo Pesquero (Vigo), Burela, Verín.
Sábado 8 de outubroCarballo, Ribeira, Marín, A Guarda, Pol.
Luns 10 de outubroBetanzos, C.I.F.P. Someso (A Coruña), Vimianzo, Fisterra, Bertamiráns (Ames), Cuartel Figueirido (Vilaboa), Vilanova de Arousa, I.E.S. Teo (Vigo), Santa María de Oia, Ribadeo, Rúa do Paseo (Ourense).
Martes 11 de outubroI.E.S. Leixa (Ferrol), C.I.F.P. Someso (A Coruña), Obelisco (A Coruña), Teixeiro (Curtis), Santa Comba, Cuartel Figueirido (Vilaboa), Vilanova de Arousa, I.E.S. Teis (Vigo), As Neves, I.E.S. Porta da Auga (Ribadeo), A Pastoriza, Riotorto, Ribadavía.
Xoves 13 de outubroCedeira, Catro Camiños (A Coruña), Vilaboa (Culleredo), Silleda, Área Central (Santiago) Caldas de Reis, Cangas, Mondariz, I.E.S, Mª Sarmiento (Viveiro), O Páramo, Láncara, A Barrela (Carballedo),Avda. Buenos Aires (Ourense).
Venres 14 de outubroPontedeume, APPLUS (Sada), Arteixo, Carral, Noia, I.E.S. Fontiñas (Santiago), Lalín, Porriño, Cangas, Viveiro, Xinzo de Limia.
Sábado 15 de outubroPontedeume, Arteixo,Noia, Lalín, Porriño, Praza Maior (Lugo).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha