Finalizado o proceso de contratación das actuacións do proxecto Cicl-Ando Carballo

Concello de Carballo

  • Este martes, na Xunta de Goberno Local, adxudicáronse as dúas últimas sendas

O proxecto “Cicl-Ando Carballo”, que inclúe o acondicionamento de 18 quilómetros de sendas peonís e ciclistas, unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas e unha campaña de sensibilización en mobilidade sostible, está cada vez máis preto de ser unha realidade. O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, e o de Obras e Servizos, Luis Lamas, puideron comprobalo na avenida de Malpica, onde está en obras a primeira das nove sendas previstas.

O orzamento total do proxecto Cicl-Ando Carballo acada os 2.141.618,86 euros e a Unión Europea achegará o 80%, que é a máxima porcentaxe posible. Grazas a este financiamento, o Concello de Carballo reforza o seu compromiso co medio ambiente e co desenvolvemento da Estratexia 2030.

Este martes foron adxudicadas dúas novas sendas pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria, completando así a contratación de todas as actuacións incluídas no programa, destacando:

  • A continuidade da senda ciclo-peonil entre a Avenida de Bértoa e o polígono industrial, que foi adxudicada a Vázquez y Reino por un total de 278.398,14 euros.
  • A conexión do polígono industrial de Bértoa coa estrada de Razo (DP-1902). Esta obra foi adxudicada a Construcciones Cernadas e conta cun orzamento de 91,270,76 euros.
  • A conexión do carril bici na Avenida de Razo (DP-1902) co da Avenida de Malpica. A empresa López Cao está realizando estas actuacións que contan cun presuposto de 96.799,38 euros.
  • A mellora do carril bici xa existente entre as rúas Poniente e Fábrica e a Avenida de Malpica (AC-414). Estas obras xa están en marcha. Excavacións e Obras Candal é a encargada de realizar estes traballos, que contan cun orzamento de 178.425,14 euros.
  • A conexión do casco urbano co colexio Artai. Adxudicada a Desarolla por 178.444,60 euros.
  • Senda ciclo peonil de regreso complementaria ao carril bici da Avenida de Razo (DP-1902). Proxecto adxudicado a Vázquez y Reino por un total de 460.563,45 euros.
  • Senda ciclo turística Carballo-Razo. Esta actuación conta cun orzamento de 344.111,44 euros e foi adxudicada a Vázquez y Reino.
  • A conexión do casco urbano coa senda ciclo peonil da Avenida de Bértoa. A empresa López Cao encargarase deste proxecto valorado en 256.960,34 euros.
  • Senda perimetral polígono de Bértoa. Cun orzamento de 110.894,35 euros, foi adxudicada a Excavaciones y Obras Candal.

A rede de sendas vai máis alá do ámbito urbano. Como complemento crearase unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas en dez enclaves diferentes, cuxa execución foi adxudicada xa á empresa Globalia Urbanismo Integral SL por 37.788,97 euros. Entre ambas as medidas conseguirase unha redución no consumo enerxético de enerxía final do 15,52%.