A AECC de Coristanco e o Concello organizan a ‘II Andaina Solidaria’ contra o cancro de mama

1 minutes read
  • Será o próximo domingo 17 de outubro

Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, que se celebra o próximo 19 de outubro, o Concello de Coristanco volve colaborar coa AECC local na realización da II Andaina Solidaria para «concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade», sinalan desde o goberno local.

A cita está prevista para o domingo día 17. Será un percorrido de 8,5 quilómetros que se iniciará ás 09:30 horas na Praza do Concello e para o que será necesario respetar as medidas sanitarias. Para participar será preciso inscribirse antes do venres, 15 de outubro, chamando ao 651664908 ou acudindo á biblioteca municipal.