A AEMET anuncia a chegada dunha nova onda de calor este luns

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) anunciou que a próxima semana rexistrarase probablemente unha nova onda de calor este verán en España, que contrastará coa baixada de temperaturas deste venres no norte. En concreto, este sábado iniciarase un repunte notable das temperaturas que se irá reforzando en boa parte de España a fin de semana e os seguintes días. Sinalan que despois dun venres e unha madrugada de sábado fríos para a época, o mesmo sábado as temperaturas empezarán a subir de maneira progresiva e xeneralizada e avisan que «a calor será intenso en boa parte de España durante a semana que vén». Esta onda, ademais, «podería prolongarse boa parte da próxima semana», advertiron.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha