34
A Asociación de Fútbolistas Españois (AFE) publicou un comunicado en representación dos xogadores de Segunda B e Terceira División. No que solicitan que se concrete canto antes o protocolo contra o coronavirus que deberá cumprir no curso 2020-2021. Ademais, tamén se pide a data de comezo das dúas competicións “o máis axiña posible”. O sindicato lembrou os problemas que están a sufrir os xogadores de Segunda B ante os atrasos do inicio da competición, así como a incerteza que os rodea. Ademais, mostran o seu malestar ante as continuas referencias como “fútbol non profesional”.