A AGASP acolle a formación de 25 integrantes da 8ª promoción de inspectores de Policía Local

1 minutes read

Son un total de 25 as persoas que integran a 8ª promoción da categoría de inspector dos corpos de Policía Local que se están a formar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) desde mediados deste mes e ata o 27 de abril. O alumnado realiza un curso selectivo de acceso a inspector por promoción interna -a categoría superior a oficial que supón cambio de escala de básica a executiva- e cunha duración de 250 horas lectivas de xeito semipresencial. 

O alumnado, a través da modalidade mixta presencial e de teleformación, mellorará nesta formación as súas habilidades directivas no módulo de dirección de equipos e actualizará os seus coñecementos noutros en materia técnica, xurídica ou técnica.

Forman parte desta promoción axentes procedentes tanto de concellos do proceso unitario -Vigo, Ferrol e Santiago- como de municipios que non teñen delegadas na Xunta as competencias para a selección das categorías superiores de Policía Local como A Coruña, Lugo e Pontevedra. Por primeira vez na historia da AGASP, neste grupo hai dúas persoas da Policía Local de Logroño, no marco da colaboración con A Rioxa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?