A Agasp acolleu unha nova edición do curso de manexo de arma regulamentaria

1 minutes read

A Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia (Agasp) acolleu unha nova edición do curso de manexo de armas regulamentarias en condicións de baixa luminosidade destinado a axentes de Policía Local. Deste xeito, case unha vintena de persoas participantes perfeccionou o seu adestramento cunha preparación específica co obxectivo de aprender a empregar a súa arma de fogo ante calquera circunstancia en condicións de seguridade e eficacia. Durante dúas xornadas, os axentes coñeceron como usar distintas lanternas, técnicas para empregar as armas contra diferentes obxectivos e distancias e tanto en espazos interiores coma exteriores. Tamén aprenderon novas tecnoloxías de iluminación con módulos compactos que se encaixan nas armas regulamentarias.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?