A AGASP iniciou o curso de formación da 13ª promoción de Policía Local

Vehículo da Policía Local

Os alumnos comezaron a parte teórica da formación ata o 9 de xullo, cando se incorporarán aos seus concellos para iniciar o primeiro período de prácticas ata o 5 de setembro. En setembro volverán ás aulas ata finais de decembro e desde finais de ano a finais de xaneiro de 2022 finalizarán co segundo período de prácticas o curso básico de Policía Local nos seus municipios de procedencia.

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) formará así aos aspirantes que pasarán a cubrir as 94 prazas convocadas por 35 concellos galegos neste ano. A Xunta colabora desde 2017 cos concellos galegos na selección e formación dos membros da Policía Local, a través dun convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Ata agora, 84 municipios dos 129 con corpo de Policía Local delegaron no Goberno central a selección dos seus policías locais mediante oposicións unificadas.