A AGASP organizou un curso de formación acuática destinado á Garda Civil

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) está a levar a cabo este curso para mellorar a formación dos axentes da Garda Civil en intervencións de risco en medio acuático.

Na parte teórica abordáronse conceptos como os riscos específicos do entorno acuático, equipos de protección individual, normas de seguridade e autoprotección, como delimitar a zona de risco, ademais de técnicas de rescate de urxencia en casos de vehículos semisumerxidos ou de busca de persoas desaparecidas. Tamén se incidiu na necesidade da coordinación con outros servizos de emerxencias. Estes contidos puxéronse en práctica no exercicio de hoxe ensaiando técnicas de natación adaptadas e como levar a cabo rescates de urxencia.

Na parte práctica o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañou os membros do Grupo de Reserva e Seguridade (GRS) da Garda Civil nun simulacro de rescate acuático na localidade padronesa de Carcacía. Con outro exercicio similar en Combarro (Pontevedra), rematará a actividade formativa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha