Este remolque súmase a outro material cedido á agrupación nos últimos anos como un vehículo tipo pick-up, unha embarcación e un traxe de protección fronte á vespa velutina, o que supuxo un investimento de máis e 65.800 euros. A esta contía súmanse outros 14.500 euros en apoio aos seus gastos de funcionamento, polo que a inversión total supera os 80.400 euros.
O remolque entregado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, é un dos 6 que forman parte da orde de axudas do ano pasado dotada con 1 millón de euros e destinada a material para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Ademais dos remolques de emerxencias, entre o material cedido ás agrupacións inclúense tamén 26 tendas de campaña para emerxencias, 19 vehículos tipo pick-up, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas de retirada de neve para as actuacións en concellos máis afectados polas nevaradas.