A Agrupación Deportiva Fogar prepara o III Memorial Pedro Luis Fernández Pombo

Os que forman parte da Agrupación Deportiva Fogar voltan a render homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, o que fora directivo fundador na primeira xunta directiva constituída alá polo mes de outubro de 1988, e socio honorífico da entidade desde o ano 2014. Máis recentemente Pedro practicaba a natación como socio do clube e encargábase da coordinación dos xuices de natación en Carballo como membro do comité galego de árbitros da FEGAN. Nesta terceira edición o trofeo de natación e natación máster que leva o seu nome disputaráse os días 13 e 14 de decembro de 2025 na piscina municipal Carballo Calero de Carballo. O período de inscrición ao trofeo permanecerá aberto ata as 23:59 horas do domingo día 30 de novembro na plataforma FEDERATIO. A lista provisional de participantes publicaráse o luns 1 de decembro e a partir desa data abriráse un período de recepción de baixas ata o domingo 7 de decembro.

Related posts

Arteixo | Empregados de Jevaso protagonizaron unha manifestación por Sabón na defensa dos seus dereitos

O fiscal xeral do Estado renuncia tras ser condenado polo Supremo

Manhe emocionou ao público do Teatro Colón da Coruña