- Natalia Rouco, alumna do CEIP Víctor López Seoane, queixouse ao goberno local da velocidade dos vehículos na zona
A alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, visitaron durante a tarde deste pasado mércores Monte Alto para comprobar de primeira man a mobilidade na zona.
A súa guía foi Natalia Rouco, unha rapaza que escribiu unha carta á rexedora pedíndolle que mellorase os pasos peonís na rolda de Monte Alto e nos accesos ao CEIP Víctor López Seoane, onde é alumna. Rouco tamén se queixou ao goberno local da velocidade dos vehículos na zona.
A alcaldesa comprometeuse a poñer en marcha una serie de medidas para garantir a seguridade dos peóns que pasa por reducir a velocidade dos vehículos no barrio e, durante o encontro, barallouse a posibilidade de instalar un semáforo con pulsador no cruzamento onde está localizada a escola infantil.
Por outra banda, varios veciños acudiron á visita da rexedora para abordar diferentes demandas, entre as que destacan melloras na mobilidade e seguridade viaria na rúa Vía Ártabra polo mal estado en que se atopa a calzada, e a beirarrúa, que non cumpre as normas de accesibilidade. As peticións inclúen obras nas rúas Ramón Villamil e Pérez Quevedo que tamén presentan numerosas deficiencias.