A alcaldesa advirte de que a estatua de Millán Astray non se moverá da cidade


Tras recibir a petición formal do Goberno da Cidade Autónoma de Ceuta para a cesión da estatua do xeneral Millán Astray que foi retirada en 2010 da praza herculina, agora denominada Praza das Atochas, e que na actualidade permanece nunha dependencia municipal, o Concello da Coruña non só impedirá o traslado desta estatua senón que porá en coñecemento da Xustiza o que semella unha vulneración da Lei 52/2007 da Memoria História, pola cal “os escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva do levantamento militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura» deberán ser retiradas dos edificios e espazos públicos”.