A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, decidiu declarar a situación de emerxencia sanitaria na cidade: «Acabo de declarar a emerxencia sanitaria na cidade que permite acceder á contratación de emerxencia para completar os servizos de recollida de lixo e de limpeza viaria e garantir a saúde pública e a salubridade», afirmou Rey. O conflito xorde en plena negociación da empresa concesionaria co comité de empresa cando máis de 20 camións apareceron a semana pasada coas rodas picadas e os cristais rotos. Uns actos vandálicos que motivaron a apertura dunha investigación interna por parte da empresa e que foron condenados e rexeitados polos representantes das persoas traballadoras. Os sindicatos denuncian incumprimentos da empresa en materia de riscos laborais e igualdade retributiva. Pola súa banda, o concello xa anunciou o inicio de procedementos sancionadores contra as empresas adxudicatarias por incumprimento de contrato.
21