A alcaldesa da Coruña supervisou o remate das obras do novo campo de fútbol de Eirís

1 minutes read

A rexedora, Inés Rey, estivo acompañada polo concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, a concelleira de Infraestruturas, Nereida Canosa, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. As actuacións supuxeron un investimento de 2 millóns de euros. Remodelouse a superficie campo de fútbol, que pasou de ser de terra ao actual céspede artificial, adaptando nas súas medidas aos estándares da FIFA. Ademais, tamén se instalaron catro novas torres de iluminación, dous bancos para fútbol 11 e outros catro para fútbol 7. O campo queda completo cun novo peche perimetral. Ademais da construción do novo campo, tamén se crearon uns novos vestiarios, totalmente equipados. Concretamente, o recinto conta agora con catro vestiarios para equipos de fútbol, dous para colectivos arbitrais, unha oficina e un almacén. Tamén hai tres aseos e un local para gardar o material deportivo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?