A alcaldesa de Camariñas felicita ao alumnado do obradoiro xuvenil polas renovacións na Casa da Pedra

1 minutes read
  • As obras que se levarán a cabo no exterior do edificio quedan adiadas debido ao mal tempo

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, avaliou este luns os traballos que está a acometer na Casa da Pedra o alumnado do obradoiro ‘Xuventude polo Emprego’, promovido polo Concello de Camariñas xunto aos de Vimianzo e Muxía.

Os rapaces e rapazas participantes no módulo de ‘Instalación de elementos de carpintería’ xa remataron a renovación do chan e instalaron varios armarios e estanterías. A actuación no interior está practicamente rematada, polo que os servizos municipais habituais xa se retomaron na Casa da Pedra. As obras que se levarán a cabo no exterior do edificio pospóñense ata que haxa bo tempo.

A rexedora felicitou tanto ao alumnado como ao seu monitor polo “bo traballo realizado ata o de agora”.