A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, positivo por Covid-19

1 minutes read

O Concello de Camariñas emitiu un comunicado a última hora da tarde deste domingo no que informaba que a alcaldesa, Sandra Insua, e o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, deron positivo en Covid-19 nas probas PCR que se lles realizaron este domingo tras presentar síntomas. Ambos se atopan en aillamento domiciliario.
A concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro, atópase tamén en corentena tras ser contacto estreito dunha persoa positiva, e á espera do resultado da súa proba. Non presenta síntomas.
O resto do equipo de goberno encargarase da actividade municipal e de xestión do Concello na ausencia de Sandra Insua, Encarna Liñeiro e Fabián Canosa, a quenes desexamos unha pronta recuperación.