A alcaldesa socialista de Vimianzo, Mónica Rodríguez, acusa ao anterior rexedor, Manuel Antelo (Adiante Vimianzo), de xogar coa boa fe da veciñanza, actuando de xeito electoralista e deixando comprometidos máis dos 3 millóns de euros aos que alude constantemente e xa deixou gastados de antemán, prometendo asfaltados, camiños, obras e servizos.
Como “os charlatáns do Oeste facían cos elixires milagrosos, Antelo foi polas parroquias comprometendo cada céntimo dos cartos que están na conta, sabedor das escasas posibilidades de que el mesmo fora o responsable de rematar o que empezaba en busca dunha papeleta co seu nome posto”. Afirma a alcaldesa.
Rodríguez recrimina ó portavoz de Adiante Vimianzo que falte á verdade e se dedique a confundir. “Nós dobraremos esforzos en explicar á xente a nosa xestión, unha veciñanza que sabe que non recorreríamos á modificación de crédito tan inmediatamente, de 600.000€ que aprobamos no Pleno se non fose
necesario”. Invita ás veciñas e veciños e ver as contas no concello, invitan a que ante calquer dúbida, e para comprobar a situación actual poden achegarse o concello, donde se lle mostrarían tanto as contas como os proxectos redactados a correr e aprobados 6 dias antes das eleccións, os cales, según Mónica, non recollen as necesidades de cada lugar en ditas actuacions.
67