A alcaldesa de Vimianzo buscará na Xunta unha solución para o corredor da Costa da Morte

1 minutes read
  • A rexedora, Mónica Rodríguez, sinala que «un proxecto que depende da Xunta, debe ser executado en materia autonómica»

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, solicitou este mércores unha reunión coa consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para encauzar a problemática do corredor da Costa da Morte. A rexedora afirma que ‘non dubidará en chamar a todas as portas posibles, pero neste caso hai que ter en conta que este proxecto está contemplado para que prime o interese xeral, por riba dos intereses políticos’.

Desde o goberno local piden máis claridade en materia de asunción de competencias, xa que «un proxecto que depende da Xunta, debe ser executado en materia autonómica», sinala a rexedora.

Mónica Rodríguez incide na importancia de remarcar que non se trata de buscar a crispación entre administracións, senón de sentarse todas as bandas e buscar consenso. «Sexa quen sexa, eu vou a solicitar que o noso polígono quede sen este enlace, iso téñoo clarísimo’, confirmou a rexedora, que da resposta así ao escrito emitido pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o pasado martes.