A alcaldesa de Vimianzo comprométese á limpeza das parroquias antes das súas festas

  • Agradece o esforzo que están a desenvolver o persoal do concello e contratados no desempeño desta encomenda.

Mónica Rodríguez, atribúe á mala xestión na licitación do servizo de limpeza por parte do anterior goberno de Antelo, “o feito de que o concurso quedara deserto e que tivera que optarse por medidas de urxencia para este verán, de tal xeito que puidéramos garantir que os núcleos das parroquias poderían ser visitados con dignidade durante as festas estivais e se puideran desenvolver as actividades propias destas celebracións”.

O Goberno municipal de Vimianzo optou por “optimizar os recursos ao seu alcance”, indica a alcaldesa socialista, e a través da colaboración inestimable dos persoal do concello e da contratación menor, como única alternativa viable e legal para dar prioridade a este servizo, conscientes da relevancia que ten para a veciñanza das parroquias poder contar cos núcleos en condicións adecuadas de limpeza e mantemento para o verán”.

A alcaldesa describiu como “lamentable” a situación en que se atoparon as parroquias e o pobo ao chegar ao Goberno, “froito do desleixo do goberno anterior e polo que non entendemos que Antelo teña valor para criticar nada ao respecto, salvo que sexa autocrítica, unha faceta do seu carácter que ten sen estrear”. Pouco a pouco o Goberno foi levando a cabo un plan de urxencia para a limpeza de todas as parroquias ante a inminente chegada das celebracións e eventos de verán. Polo que a alcaldesa pide á veciñanza un pouco de paciencia ao mesmo tempo que ofrece a “garantía de que a limpeza estará a tempo para as festas en cada parroquia e asegurou que para os vindeiros anos este asunto xa estará solucionado a través dun proceso de contratación como é debido e coa antelación suficiente para cubrir o mantemento integral de todos os núcleos do Concello”

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha