A alcaldesa pedirá á Xunta e ao Estado os proxectos pendentes na cidade


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ten previsto convocar a todos os grupos políticos a unha xuntanza para elaborar unha postura común sobre os asuntos e proxectos pendentes na cidade, co fin de que que se poidan reivindicar os proxectos con máis forza ante o Estado e a Xunta. “Trátase de crear un acordo marco; e aí verase se están dispostos a poñer os intereses xerais da cidade por riba de intereses partidistas”, explicou o voceiro municipal, José Manuel Lage, quen lembrou que “o Goberno é esixente e respectuoso con todas as administracións na defensa dos intereses da Coruña”.