A Alcaldía de Fene volve a mans do BNG

Cedida.

Juventino Trigo volve á Alcadía de Fene. O rexedor nacionalista fora despoxado do bastón de mando en 2018 por unha moción de censura presentada polo PP e Somos Fene, unha marea local desautorizada por En Marea. Nas eleccións de 2019, o BNG atinxía 6 representantes, os mesmos que PP, PSOE lograba 4 e Esquerda Unida 1. A Alcaldía fora parar o candidato popular, Gumersindo Galego.

A moción de censura saiu adiante con 9 votos a favor e 6 en contra. O novo alcalde prometeu o cargo “por imperativo legal” e apelou a traballar para “a rexeneración política de Fene.