A xornada deu comezo coa camiñada ata a Torre da Penela e a posterior escenificación “Terra de raíñas” a cargo do grupo Os Quinquilláns. A saída efectuarase diante da igrexa co grupo musical Os Repichocos.
Durante toda a tarde, os asistentes puideron gozar de paseos a cabalo, dos xogos tradicionais do Museo Etnolúdico de Galicia, degustación de receitas, exposicións e mostras artesanais e ao vivo, ou a actuación do meigho Yago Espasandín, mentres que a animación musical veu dada da man de O Son de Cabana, O Son do Castro, As Cantareiras de Riobó, Os Farrapos, Os Repichocos e o grupo de danza tradicional Inllar.
A continuación, Irma Macías, vocalista da agrupación Luar na Lubre, leu e pregón e acto seguido tivo lugar unha das actividades máis agardadas, as prevodas medievais, que este ano contaron cun dúas parellas que se deron o ‘sí’, de xeito oficioso, no altar de Riobó
Tras a realización dos enlaces, a ‘A pitanza do santo’,serviu para repoñer forzas antes do espectáculo de Animacreques Catropés e dos concertos de Arredores e A banda da Balbina.