A alianza entre Gradiant e Telefónica Tech contribúe á dixitalización da industria

1 minutes read

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu á xornada Innovación, ciberseguridade e colaboración público-privada: TEGRA como pioneiro, no que se conmemorou o quinto aniversario do Centro de Innovación en Ciberseguridade Tegra, posto en marcha polo centro tecnolóxico Gradiant e a empresa Telefónica Tech co apoio da Xunta de Galicia e co financiamento da Unión Europea no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

A directora de Gain destacou que esta alianza estratéxica entre Gradiant e Telefónica Tech no ámbito da innovación en ciberseguridade contribúe ao avance da industria galega cara á súa dixitalización, en liña cos retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e, deste xeito, á súa competitividade e á das pemes, ofrecendo solucións que dan resposta a un factor crítico para o tecido empresarial como é a seguridade nos sistemas de fabricación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?