A alternativa ao BNG en Carballo chámase Rubén Lorenzo

1 minutes read

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Carballo, Rubén Lorenzo Gómez, reuniu este sábado a un centenar de militantes, simpatizantes e varios candidatos do seu partido chegados desde diferentes puntos da Costa da Morte, para degustar un bo cocido e presentarse como alternativa sólida a facerlle fronte ao BNG polo poder municipal carballés. Lorenzo estivo arroupado tamén pola secretaria xeral popular, Paula Prado, e o responsable provincial de Organización, Evaristo Ben.

«Rubén Lorenzo é un candidato solvente, serio e con proxectos ilusionantes. No Parlamento galego perderemos a un gran compañeiro, pero os seus veciños gañarán un fantástico alcalde, sinónimo de estabilidade para Carballo», matizou Paula Prado na súa intervención.

No acto púxose de manifesto que con Rubén Lorenzo na alcaldía «Carballo terá máis vida nos barrios, máis seguridade cidadá, mellor mobilidade e accesibilidade, para ser máis acolledor e inclusivo. Apostará pola xeración de emprego, será conciliador e familiar”. O candidato manifestou ter un proxecto estratéxico, medido e estudado con obxectivos a curto, medio e longo prazo baseado nas necesidades reais da poboación de Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?