- O seu representante, Vítor Recarei, destaca que esta situación «fai ter moitas dúbidas sobre a intención das partes asinantes»
O representante da agrupación de funcionarios A Alternativa de Carballo, Vítor Recarei, presentou este luns un escrito no rexistro no que lamentan o incumplimento do Acordo regulador por parte do Concello de Carballo, «desde cuestións de fondo calado (como a aprobación dun novo fondo de acción social ou un regulamento para a Policía Local) a outras que, sendo tamén importantes, non necesitan máis que a súa aplicación directa por parte do goberno local (notificacións aos representantes do funcionariado dos expedientes sancionadores, das horas extras aprobadas, convocatoria da Mesa de Negociación do Persoal Funcionario…) pero que son sistematicamente ignoradas», sinala Recarei.
A aprobación simultánea do Acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario (BOP 29/03/2019) xunto co Convenio colectivo do persoal laboral, supuxo un fito de trascendencia no municipio carballés segundo Recarei, quen tamén destaca que «o grao de
cumprimento do Acordo fai ter moitas dúbidas sobre a intención das partes asinantes (tanto dende o goberno municipal como dende a representación sindical maioritaria) do seu cumprimento».
Desde A Alternativa lembran que «o documento foi asinado polas partes sen permitir (como se
fixera no pasado e como se solicitara tamén para este caso) o seu debate e votación por
parte do persoal, quizais por medo a non obter o respaldo ao seu contido».